Les derradeiros instantes da vida dunha muller.
As lembranzas agroman no leito entre a doenza, a febre e a dor.
Comezan a desfilar, entón, les feitos importantes da súa vida.
Amores, desamores, pensamentos, libros, viaxes, soños. . . Lembranzas entrecortadas, nunha néboa que as vai enterrando no definitivo esquecemento. . . A través dunha obra de absoluta ficción que recrea a trágica loita entre a vida e a morte, a confusión entre o real e o soñado, así como as lembranzas, temores e aspiracións dun horizonte histórico nunha Compostela de soños liberais e románticos, de arelas esgazadas e rotas.