Botar unha ollada ás páxinas de este volume é como mirar un revelador calidoscopio.
Escribe o autor sobre Ánxel Fole na néboa da memoria, ou do Martín Codax que estudiou Luz Pozo, nunha achega ao mellor coñecemento da literatura medieval galego portuguesa.
Do adeus a Laxeiro desde o Fisterra ou da travesía lírico onírica polo mar de Bouza Brey.
Do retorno á memoria de Tagen Ata ou da sombra de maio en Pimentel.
De Landeira, Filgueira Valverde, Valle lnclán, Colmeiro, Blanco Amor, Álvaro Cunqueiro, Luís Seoane, e tantos máis que despertaron a súa meditación, aberta á xenerosa aventura da rosa dos ventos.


