Instrucións para matar un oso son nove relatos.
Nove historiassobre personaxes perdidos no tempo e no espazo.
Mullerese homes baleiros e tremendistas que deambulan endiferentes temporadas e condicións sociais sen atopar o seu propio lugar neste mundo.
Atrapados en situacións, traballos evidas que non pediron e das que non saben saír.
Dominados pola sociedade e coa esperanza (perdida) de poder vivir ámarxe de esta, aínda que no seu intento lles custe a cordura ou incluso a vida.
SUSO BAHAMONDE A Coruña, 1978 Exmembro do Batallón Literario da Costa da Morte e do grupo poético musical The Inversos, onde se encargaba davoz e letras.
Despois dunha longa traxectoria na poesía, coa publicaciónde varios libros colectivos e de tres obras individuais. Óxido nas flores da tarde (Letras de Cal, 2001), Expansión(Didot Editorial, 2017) e Caída (M Editora, 2019) fai a súa primeira incursión na narrativa, e quen sabe se a derradeira, con este libro que agora tes entre as mans.